Galicia

Galicia

A linguaxe dos movementos

Día 02/06/2011

Entre a variedade de linguaxes que utiliza o ser humano para a comunicación e a expresión de emocións e sentimentos, a danza ocupa un lugar destacado entre os máis sublimes e sofisticados. A ausencia de palabras debe ser substituída por pasos, xestos, xiros ou voos exquisitos para provocar esa emoción no espectador. O ballet tivo un momento álxido no século XIX e moitos nomes importantes ocupaban os «cartelone» dos teatros europeos, pero entre eles houbo un, Pior Illich Tchaikovsky, que chegou a converterse en referencia polo refinamento musical que conseguía.

Ben é certo que os coreógrafos exercían unha verdadeira tiranía sobre os compositores e as obras eran máis coñecidas polo nome daqueles que polo dos autores da música. Esta tendencia —costume— revirte co autor do «Lago dos cisnes» e a partir de aquí co resto de compositores. O Festival Mozart presenta, os próximos 4 e 5 de xuño, esta obra á que se fai referencia no Palacio da Ópera da Coruña da man do Corella Ballet, acompañado pola OSG e a batuta de Alexei Baklan.

A composición da peza levoulle ao autor preto de 20 anos. Tchaikovsky recibiu o encargo de compoñer un ballet para a compañía imperial (Bolshoi de Moscú e Mariinski de San Petersburgo) na primavera de 1875 e non foi ata 1995 que subíu aos escearios desta última cidade tal e como hoxe a coñecemos. Previamente fora estreada en Moscú pero a precariedade dos decorados, a desafortunada coreografía de Julius Reisinger e o desastroso da batuta (Stepan Riabov) traballaron en contra do éxito. Estas circunstancias fixeron que sufrira algunha remodelación, especialmente baixo a «tiranía» dos coreógrafos.

A versión que agora se coñece, e a regularmente representada, débese ao traballo de Lev Ivanov e Marius Petipa, que acometeron a tarefa despois dunha «encarnizada» loita co albacea do compositor, o seu irmán pequeño Modest. «O lago dos cisnes» conta cunha historia de amor e desamor. Un príncipe (Sigfrido) debe casarse e por engano dun maligno bruxo (Rothbart) elixe á parella equivocada (Odile). Coñecendo o seu erro busca no lago dos cisnes á súa amada (Odette) —que ten aspecto de cisne por un encantamento— para perecer e quedar eternamente unidos no fondo das augas.

Dirixida por Ángel Corella

A montaxe que agora se presenta débese ao «Corella Ballet Castilla y León», baixo a dirección escénica de Ángel Corella. Este bailarín iniciou a súa travesía con tan só dez anos, da man dun dos grandes nomes da danza española, Víctor Ullate, pasando a formar parte da súa compañía despois de gañar o Primeiro premio no Concurso de Ballet Nacional de España (1991). En 1995 incorpórase ao Americam Ballet Theatre e posteriormente será estrea invitada no Royal Ballet de Londres e de outros grandes teatros internacionais, entre eles a Scala de Milán. A súa investigación na danza levouno a facer incursións nos recitais de música de grandes nomes da lírica, entre eles Cecilia Bartoli ou Isabel Rey, acadando un éxito clamoroso. Isto tamén propiciou que posteriormente comezase a colaborar no mundo da ópera, en «Danza de las horas» da Gioconda.

Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
Consulta toda la programación de TV programacion de TV La Guía TV

Comentarios:

Sigue abcdesevilla en...

Lo ?ltimo...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.