Galicia

Galicia / litvi 2011

Libros quetamén viaxan

Onte arrancou en Compostela a segunda edición do «Litvi», un encontro único sobre libros de viaxes pensado para escritores e lectores. Terá lugar do 14 ao 22 de xuño

Día 15/06/2011

Foi no século XIV cando, a na actualidade coñecida como literatura de viaxes, vivíu a súa época de máximo esplendor. Nese momento chegaron a España obras como As viaxes de Marco Polo, un clásico que adoctrinou aos lectores da época a propósito das precaucións que os comerciantes debían ter á hora de iniciar os seus periplos mercantís. Tamén familiarizou ao mundo occidental con outras civilizacións descoñecidas, como a chinesa.

Máis tarde chegarían obras escritas por outros exploradores, caso de David Livingstone, que lle avanzaban aos europeos os mundos que había máis alá das súas fronteiras. E é que nun tempo no que os desprazamentos longos se programaban con anos de antelación e no que as comunicacións se realizaban cara a cara e as infraestructuras eran case inexistentes, este tipo de manuais convertéronse na única ventana dende a que os lectores se podían asomar a novas realidades.

Coa chegada do século XX, a literatira de viaxes muta para converterse en novelas como a emblemática Viaje a la Alcarria(1948) do Nobel Camilo José Cela, máis centrada en roteiros e un dos iconos deste xénero literario. Na actualidade, autores como Ana Briongos (gran coñecedora de Afganistán); Juan Goytisolo (corresponsal de guerra en Chechenia e Bosnia) ou Javier Reverte (famoso polas súas triloxías) son algúns dos referentes ineludibles. Xunto a eles, figuras como a do literato Julio Llamazares que este ano participará na segunda edición do «Litvi», apoian unhas publicacións que contan cun amplo número de seguidores.

Para dar visibilidade a esta categoría literaria, dende o pasado ano a capital galega convértese por uns días en punto de encontro de numerosos autores e lectores. Dende usuarios de guías de manuais ata «seguidores de novelas ou descricións de paraxes próximos ou remotos a amantes dos audiovisuais de vaixes», tal e como recoñecen os organizadores do evento. Todos terán a posibilidade de participar nun encontro que se prolongará dende hoxe e ata o próximo 22 de xuño en distintos escearios de Compostela.

Entre as citas máis destacadas da intensa programación que copará a cidade durante esta semana, destacan os «Cafés cos autores». Unhas reunións na que os lectores compartirán mesa e mantel con algúns dos seus narradores predilectos e que o pasado ano se converteron na actividades máis valorada polo público participante. Para formar parte destes grupos abonda con apuntarse a través da web do Litvi (www.litvi.xacobeo.es) e elexir autor e compañía. Nesta edición, o momento da sobremesa poderase compartir con Llamazares, con José María Íñigo ou con Xurxo Lobato.

Proxeccións na Quintana

Unha das novidades deste ano virá da man das proxeccións fotografías que se realizarán na praza da Quintana este venres e este sábado. A primeira delas, comisariada por Xurxo Lobato, recreará as fachadas das catedrais máis sobresaíntes nos muros da Quintana, coincidindo co 800 aniversario do templo santiagués. O sábado a proxección correrá a cargo da editora do National Geographic en España, que proporá ao público asistente e aos paseantes un percorrido por algunhas das paixases máis asombrososas do planeta da man das mellores imaxes publicadas nesta revista. A nivel gastronómico, o Litvi propón actividades como «A volta ao mundo en 80 sabores», que nunha chiscadela á obra máis representativa de Julio Verne invita a coñecer mundo a través do paladar.

Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
Consulta toda la programación de TV programacion de TV La Guía TV

Comentarios:

Sigue abcdesevilla en...

Lo ?ltimo...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.