Galicia

Galicia

Da voz dormida a anos despois

Compartir

Do 14 ao 23 de outubro, desfilarán por Ourense Catherine Deneuve, Gerard Depardieu, Elsa Pataki ou Luis Tosar

Día 11/10/2011

OURENSE

Este venres, ábrese o Festival de Cine de Ourense con «La voz dormida», a nova película de Benito Zambrano que se asoma á gran pantalla na cidade áurea unha semana antes de que se estree oficialmente en todo o país. Este é un dos privilexios que desfrutarán os amantes do sétimo arte que se deixen caer estes días por Ourense, animados por unha carteleira repleta de interesantes proxeccións, tanto no que se refire aos filmes en concurso dentro da sección oficial como aos ciclos temáticos. Na sección oficial, competirán este ano un total de 118 filmes, dos que unha decea son largos, 45 cortos, 13 documentais, 29 filmes de animación, e, dende a vangarda, un total de 21 novos «media», entre os que figuran, entre outros, Jean-Gabriel Périot con «Les Barbares», que levan do poder á desobediencia, con imaxes directas; Bernd Luetzeler, con «The voice of god», que sitúa aos espectadores en Bombay; ou Miguel Fonseca, que fala do amor dentro da guerra coa súa «I know you can hear me».

Sen dúbida, a posibilidade de visionar todas as películas en concurso é unha meta inalcanzable, anque desexable. No que se refire á sección «Panorama, Galicia», os amantes do cine poderán atopar 5 cortos («Un día normal», de Álex Sampayo; ou «As damas negras», de Sonia Méndez), 3 documentais, 6 de experimental (traballo de Marcos Nine, Íker García, Diego Barrera, ou Vanessa Castro), 5 «Hecho en Ourense» de Lucía Sun ou de Lucía Novoa entre outros; 2 de «Naturaleza» («Lérez ao natural» e «O mar do fin do mundo»), 1 da productora Mr. Misto, e 2 filmes de «Recuerdo», de Manu Viqueira e Antonio Caeiro. Moitas son as caras que van resultar coñecidas nesta edición do Festival de Cine Internacional de Ourense.

Rostros como o de Catherine Deneuve ou Gerard Depardieu, Federico Luppi, Chloe Sevigny, Ernesto Sevilla, Ricardo Darín, Pilar Punzano, Santi Rodríguez, Elsa Pataky ou Luis Tosar, entre eles. Ademáis, nunha carpa que estará ubicada no exterior do centro comercial onde residen as salas de Cinebox Ourense, terán lugar os encontros co público onde directores, actores, actrices e protagonistas dos encontros profesionais se achegarán aos cidadáns para compartir opinións e impresións sobre as películas das que forman parte. Estes encontros que se inician o sábado ás seis e media da tarde continuarán ata o fin do festival.

Vínculo con México

A actriz ourensana Ledicia Sola clausurará o Festival de Cine de Ourense coa película «Años Después», da directora de cine mexicana Laura Gardós. Desta volta, Sola estará no papel de Montse, unha profesora clave no vínculo México-Galicia. Volta así Ledicia, lembrando o halo das súas raíces, das que nunca, esté onde esté, se desprende para satisfacción da cidade.

  • Compartir

publicidad
Consulta toda la programación de TV programacion de TV La Guía TV

Comentarios:

Sigue abcdesevilla en...

Lo ?ltimo...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.