Galicia

Galicia

Films from Galicia, en París

Compartir

A capital francesa acolle a presentación dun catálogo do cine feito en Galicia nos últimos anos e do que virá no 2012

Día 11/12/2011
Films from Galicia, en París

O Consorcio Audiovisual de Galicia, presentará mañá na cidade de París o catálogo «Films from Galicia», unha publicación que recolle a produción cinematográfica galega dos anos 2010 e 2011, así como os proxectos consolidados para a súa realización en 2012. A presentación terá lugar no marco do Le festival d’un jour, unha actividade que promove a asociación Espagnolas en París, en colaboración co Instituto Cervantes, o Instituto de la Cinematografía y las Artes Visuales (ICAA) e a cadea Cine+.

O catálogo «Films from Galicia» está organizado en catro apartados:longametraxes de ficción, longametraxes de tipo documental, longametraxes de animación e produtos para TV. A publicación distribuirase nos mercados de referencia nos que participa o Consorcio Audiovisual de Galicia (EFM de Berlín, MIPTV de Cannes, Marché du Film de Cannes, MIPCOM de Cannes e Ventana Sur de Buenos Aires, Arxentina). Haberá unha versión dixitalizada na páxina web do Consorcio, que se presentará en xaneiro do próximo ano.

A acción que se levará a cabo este luns en París pretende a difusión do catálogo entre distribuidores de cine franceses e prensa especializada do país. Durante o Le festival d’un jourtamén se proxectará a película «Os Crebinsky», comedia galega rodada en Ortegal, Santiago e Portomarín, dirixida por Enrique Otero, protagonizada por Miguel de Lira e Sergio Zearreta, e con Luis Tosar, Patricia de Lorenzo, Celso Bugallo e Farruco Castromán no elenco. Tras a proxección da película, a Banda Crebinsky, responsable da música do filme, ofrecerá un concerto.

A estadía en París enmárcase dentro das actuacións destinadas a consolidar e reforzar a presenza exterior do producto audiovisual galego en foros e mercados no ámbito español e internacional. A través do Consorcio Audiovisual, o goberno galego pretende potenciar a participación do sector audiovisual galego, considerado como estratéxico, nos encontros internacionais máis representativos e con maior volume de negocio.

Recentemente, no marco do mercado Ventana Sur que se celebrou en Buenos Aires (Arxentina), o Consorcio Audiovisual de Galicia, anunciou unha nova convocatoria do Fondo de Coprodución cinematográfica coa Agência Nacional do Cinema do Brasil (Ancine).

O acordo, que será publicado por parte das dúas institucións no primeiro trimestre de 2012, contará cun orzamento de 320.000 euros.

  • Compartir

publicidad
Consulta toda la programación de TV programacion de TV La Guía TV

Comentarios:

Sigue abcdesevilla en...

Lo ?ltimo...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.