Galicia

sol921

Galicia / PATRIMONIO

Comezan as labores de restauración da fachada da compostelana Casa do Cabildo

Ao remate das obras, a construción pasará a formar parte do museo das peregrinacións. O edificio tan só ten tres metros de profundidade

Día 18/01/2011
EFE
Nos baixos do edificio atópase a xoiería máis antiga da capital galega.
A Casa do Cabildo, ubicada na praza de Platerías da capital galega, será sometida nos vindeiros meses a unha coidadosa labor de restauración que busca devolverlle a esta construcción barroca a súa mellor cara. Segundo os profesionais encargados dos traballos de rehabilitación, na limpeza da fachada —que data do século XVIII— deberán usarse técnicas semellantes ás que se utilizan na recuperación dos retablos das igrexas. E é que o frente do edificio, construído en cantería e decorado con ferro forxado nos balcóns, luce numerosas pezas decorativas na parte alta que deben ser manipuladas coas máximas garantías.
A fachada, levantada para pechar a praza que da paso a unha das entradas laterais da Catedral, é coñecida por ter tan só catro metros de ancho, pese ao que a súa imaxe exterior representa. Trátase dunha peza ornamental que ao longo da súa historia pasou por mans privadas, e tamén públicas, ata converterse en propiedade do Consorcio de Santiago de Compostela. Agora a idea é, tal e como comentaron fontes desta institución, acondicionar o interior do edificio —que ten 627 metros cadrados repartidos en tres plantas— e convertelo nun espacio para as visitas turísticas, integrándoo así no museo das peregrinacións que se está construíndo nesa mesma praza.
Preto dun millón de euros
Será o Ministerio de Fomento, a través dun programa que destina o un por cento das súas inversións a obras, o que financie a gran parte da restauración do edificio que custará arredor de 800.000 euros. As obras dilataranse, segundo as primeiras valracións dos técnicos, ata comezos do ano que ven. Estos traballo non interromperán, nembargantes, a actividade comercial que se mantén a día de hoxe nun dos baixos do edificio, onde se atopa o taller de xoiería máis antigo da capital compostelana e que no que traballa un orfebre de cuarta xeración.
Ata fai catro anos, a Casa do Cabildo tamén albergaba unha residencia particular nunhas das súas esquinas e incluso chegou a abrirse neste lugar unha froitería que a xente da zona aínda recorda. Na actualidade o interior do edificio atópase en estado ruinoso, pese a que a construcción se mantén en bó estado e os técnicos contan con manter o maior número de vigas de madeira do teito posibles. O encargado de deseñar esta obra, que data de 1755, foi o arquitecto Clemente Fernández Sarela. O seu obxectivo non foi outro que o de enbelecer esta céntrica praza, tal e como se pode ler aínda a día de hoxe nunha inscripción que se mantén á entrada do edificio: «Pro comodidate ac ornato urbis».
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
Consulta toda la programación de TV programacion de TV La Guía TV

Comentarios:

Sigue abcdesevilla en...

Lo ?ltimo...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.