Galicia

Galicia / REMO

A Copa do Rei reunirá a 700 atletas en Castrelo de Miño

Día 10/03/2011

A vixésimo terceira edición da Copa do Rei Cabreiroá de Remo, que se celebrará esta fin de semana no encoro de Castrelo de Miño (Ourense), contará coa presenza de 106 embarcacións de remo de banco móvil de dez comunidades autónomas. En total, a competición reunirá a 700 deportistas dnas categorías cadete, xuvenil e seniro, de ambos sexos. A competición foi presentada onte polo presidente da Deputación, José Luis Baltar; o alcalde de Castrelo, Xurxo Rodríguez; representantes da Federación Española e Galega de Remo, do Real Club Náutico de Vigo e do Club Náutico Castrelo de Miño. Tamén acudiron os patrocinadores (Xunta, Aguas de Cabreiroá, Novacaixagalicia y Begano-Coca Cola).

Na pista de Castrelo de Miño, cun percorrido de seis pistas de 2.000 metros, competirán os equipos na mañá e a tarde do sábado e na mañá do domingo. As embarcacións de maior eslora serán os outrigger a 8 máis timonel, para os homes, e as do tipo doble scullpara as féminas. A xornada do venres adicarase aos adestramentos oficiais e ás inscripcións.

No que respecta aos participantes, está confirmada a presencia de equipos de Cataluña e Andalucía en todas as categorías. Síguenlle en número as de Galicia (19), Valencia (17), País Vasco e Cantabria (11), Asturias (9), Aragón (4), Navarra (2) e Madrid (1). Na última edición da competición, o dominio de Cataluña foi abrumador, con 15 medallas de ouro e 5 de prata. Por detrás quedaron os representantes andaluces (4 ouros, 3 pratas e 9 bronces) e galegos (1 ouro, 5 pratas e 1 bronce). As carreiras comezarán na mañá do sábado, ás 9.30 horas, coa eliminatoria de oito máis timonel na categoría xuvenil masculino.

Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
Consulta toda la programación de TV programacion de TV La Guía TV

Comentarios:

Sigue abcdesevilla en...

Lo ?ltimo...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.