Galicia

Galicia

Fogares para gatos abandonados

Ourense instalou xa as casetas para unha poboación san e cun crecemento controlado

Día 23/03/2011
Fogares para gatos abandonados
BUGALLO 
Unha das casetas instaladas para dar acubillo a estes animais calexeiros na cidade de Ourense

Don Gato e a súa pandilla sentiríanse ledos se os seus produtores, en troques de situalos no Manhattan dos anos 60, os colocasen hoxendía xunto ao minino dos Suaves, transitando polas rúas do casco histórico de Ourense. Non cabe dúbida, dende logo, de que gañarían en calidade de vida, sobor de todo pola intervención da Concellería de Sanidade, baixo a campaña «Gatos de Ourense». Se partimos da base de que na cidade áurea, ao igual que en tódalas urbes e pobos do mundo, existen colonias que nacen e viven en liberdade, saberemos que é sinxelo ver estes exemplares de rúa que forman parte da fauna urbana e que, integrados no medio dende hai séculos, axudaron ao home a controlar a poboación de ratas e cucarachas, cumprindo a función sanitaria.

E a intervención que impulsou Marga Martín de cara a mellorar as súas condicións de vida, incluso podería tratarse dunha forma de darlle as grazas pola súa positiva e silenciosa labor (anque isto último non sempre). Martín considerou para ABC que a campaña «Gatos de Ourense» pode convertir a esta metrópole nun «excelente exemplo a seguir, tamén neste ámbito, que dá resposta a unha vella demanda», xa que se trata de «recoller gatos de tódalas zonas da cidade e mellorar as súas condicións de vida, tanto no referente á súa saúde como á súa hixiene». A dinámica do programa consiste en ubicar as colonias de gatos nos distintos barrios da cidade, recollelos en xaulas e examinar o seu estado de saúde.

A partir daí, en función dos resultados, póñense as vacinas necesarias e procédese á esterilización. Tras un corto postoperatorio —é moi estresante para animais que nunca estiveron en cautividade permanecer os dez días aconsellables no caso das femias—, e con tratamento dun antibiótico que lles fará efecto durante os dez seguintes, libéranse nas mesmas áreas onde foron capturados e nas que xa se instalaron gateiras nas que poden resgardarse. Na actualidade, o departamento sanitario do Concello examinou e esterilizou a 120 gatos e gatas que están facendo unha vida totalmente normal, empregando para acubillarse e alimentarse as casetas que foron situadas nas mesmas zonas onde naceron e habitaron sempre as chamadas «colonias gatunas».

Casetas de madeira

As casiñas son de madeira tratada para que poidan pasar nelas o duro inverno e o caluroso verán da cidade termal. No seu interior, atópase a auga e o pienso, que é controlado e reposto por unha persoa voluntaria que se encarga de manter limpo o refuxio e de que sempre teñan alimento. Deste xeito, acádase a erradicación da suciedade no entorno, ao desaparecer a presenza de comida nas rúas; e os comedores improvisados que algúns viciños deixaban para manter á súa maneira aos gatos destes calexóns.

Con estas modificacións, sen chegar a extremos coma o da cidade de Roma, onde os gatos foron declarados «ben de interese cultural», e viven sans e libres coidados polos concellos, voluntarios e turistas, deuse un gran salto. En moitas outras cidades do mundo leváronse tamén a cabo campañas de recollida, saneamento e esterilización dos gatos que non teñen un coidado doméstico. No caso de Ourense, os primeiros días aportan bos resultados, traducidos en colonias sans e con reproducción controlada, que viven en perfecta armonía dentro da cidade, contando con lugares habilitados só para eles.

Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
Consulta toda la programación de TV programacion de TV La Guía TV

Comentarios:

Sigue abcdesevilla en...

Lo ?ltimo...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.