Galicia

Galicia

O Castro de Baroña, máis preto de ser Ben de Interese Cultural

A ciudadela está na parroquia coa que comparte o nome, irrigada de meigallo

Día 25/04/2011

Coñéceselle coma o «kodak crack», pola cantidade de disparos das cámaras, máis o seu nome orixinal é Castro de Baroña, e está en Galicia. A Consellería de Cultura vén de aprobar a resolución pola que incoa o expediente para declarar Ben de Interese Cultural, con categoría de monumento, a este «recuncho», un antigo poblacho celta metido no mar que provoca un lexítimo subidón de adrenalina. Este fito será publicado nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial do Estado (BOE) para a súa «anotación preventiva». O documento supón, polo de pronto, a aplicación inmediata e provisional do réxime de protección contemplado para os adscritos á Lei de Patrimonio Cultural.

Deste xeito, suspéndense as correspondentes licenzas municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas pola declaración, así como os efectos das xa outorgadas, segundo explicou o departamento que dirixe Roberto Varela. As obras que teñan que facerse con carácter inaprazable e por causa maior deberán, en calquer caso, ser autorizadas polo goberno galego. O responsable desta carteira apostilou que o inicio do expediente constitúe «un paso decisivo, xa que dende a súa publicación oficial vai garantir a máxima protección para o Castro de Baroña». Asimesmo, o conselleiro destacou que a previsión apunta a que a declaración como BIC sexa efectiva antes de que termine o presente exercicio.

«Somos sabedores da importancia patrimonial do Castro de Baroña e traballamos en consecuencia na procura da mellor protección e conservación», insistiu este representante autonómico, ao tempo que lembrou que, logo de catorce anos sen intervencións arqueolóxicas na zona, faránse traballos en 2011 en seis puntos, que se corresponden cos de maior tránsito de persoas. A delimitación do monumento inclúe unha parcela de titularidade pública, así como cinco privadas. A área do contorno de protección comprende unha superficie de 14 hectáreas. En xeral, a zona esta dividida en pequenas parcelas, agás a franxa de praias e acantilados.

O castro está na parroquia que leva o seu nome, irrigado de mística, cunha mestura de meigallo e segredo, e nada de tibieza ou frialdade. Eduardo Pondal, escritor galego, redactaba a finais do século XIX «fillos dos nobres celtas, fortes e peregrinos. luitade pl´os destinos. dos eidos de Breogán». O mar como un prato, as horas caendo nun cesto, e; namentras, esta ciudadela, domiciliada na provincia de A Coruña, situada nunha pequena península rocosa separada da terra por un istmo de area que ensina as primeiras murallas defensivas. Foi excavada por primeira vez en 1933 por Sebastián González García, e as seguintes campañas arqueolóxicas son as de J. M. Luengo, Francisco Calo Lourido, Teresa Soeiro ou Ánxel Concheiro.

Pénsase que foi autosuficiente, porque dentro non hai auga, recollíase no exterior. A alimentación era a base de peixe e marisco, que posiblemente se extraían do océano. Hai restos de metalurxia, así como texido. Declarado Patrimonio Artístico Nacional, é parada obrigada para o interesado na cultura castreña. Non basta unha soa vez. Cómpre repetir isto.

Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
Consulta toda la programación de TV programacion de TV La Guía TV

Comentarios:

Sigue abcdesevilla en...

Lo ?ltimo...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.