Galicia

Galicia

Educación abre o prazo para sumarse ao proxecto Abalar

Está previsto que esta proposta implique no 2011-2012 a arredor de 1.500 aulas

Día 26/04/2011

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria abrirá nos vindeiros días o prazo para que os centros educativos sostidos con fondos públicos soliciten a súa participación no Proxecto Abalar para o próximo curso 2011/2012. Así, está previsto que sexan arredor de 40 centros os que se sumen o vindeiro curso ao proxecto, xa que cómpre destacar que os centros que xa están a participar no Abalar neste curso non precisan solicitalo de novo, senón que continúan dentro do proxecto.

O obxectivo é que no novo curso o Abalar beneficie a máis de 31.500 alumnas e alumnos, ao ampliarse dos actuais cursos de 5º de primaria e 1º da ESO a 6º de Primaria e 2º da ESO. Deste xeito está previsto que a estratexia de integracións das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) chegue a arredor de 1.500 aulas duns 340 centros educativos.

Os colexios e institutos poderán solicitar entrar no proxecto a partir da publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG). Para que un centro poda participar neste proceso de selección é necesario que presente un proxecto no que resuma as experiencias de formación TIC levadas a cabo no centro nos últimos anos, así como as características do mesmo respecto da conectividade, e instalacións eléctricas, entre outros aspectos. Ademais deberá propoñer a un docente como coordinador do proxecto Abalar no centro. A Consellería de Educación analizará todas as solicitudes e seleccionará os centros de acordo a estes requisitos.

Unha vez sexan seleccionados os colexios e institutos comprométense a desenvolver o proxecto e impulsar a súa continuidade, tomar parte nas actividades de formación que estableza a Consellería de Educación, e a que o seu profesorado faga uso das funcionalidades e recursos dispoñibles no «espazo Abalar» e promovan o seu coñecemento e utilización entre as familias.

Os novos centros Abalar implantarán o proxecto no curso 2011/2012 no 5º curso de Primaria e no 1º da ESO para o que recibirán un ordenador ultraportátil para cada alumno, un carriño de carga para os mesmo na aula, e un ordenador para o profesor. A Consellería de Educación continúa así a apoiar o salto cualitativo e cuantitativo no sistema de ensino de Galicia que supón o paso do centro educativo tradicional ao centro educativo dixital.

Ademais o Abalar leva parello un avance sen precedentes na intercomunicación entre os membros da comunidade escolar, a través do espazo Abalar, a plataforma creada para fomentar a participación e a comunicación en rede de toda a comunidade educativa, e que lles permite ás familias facer un seguimento continuado da vida académica dos seus fillos, así como ter unha comunicación directa cos docentes.

Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
Consulta toda la programación de TV programacion de TV La Guía TV

Comentarios:

Sigue abcdesevilla en...

Lo ?ltimo...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.