Esta noite, o porto da cidade olívica soará a electrónica. O músico neoiorkino, Moby, será o encargado de dar o pistoletazo de saída ao Vigo Transforma 2011, que achegará á urbe un ciclo de concertos que se prolongarán ata o próximo sábado. Para empezar con bo pé, o artista coñecido como o que vendeu un maior número de música electrónica do mundo presentará o seu álbum «Destroyed». Previamente, subiranse ao esceario arrimado ao mar os vigueses de «The Blows» e «Eladio y los Seres Queridos», referentes actuais da música galega.
Xa mañá, Moby pasaralle o testigo á banda de rock alternativo orixinaria de Tres Cantos, «Vetusta Morla», que actuará sobre a unha da madrugada. A última hora da tarde farano os brasileiros «Do amor», quenes acompañaron en directo a Caetano Veloso; seguidos polo canadiense Ron Sexsmith e polo grupo local Catpeople que presenta o seu innovador segundo traballo.
Xa sobre as 22.30 horas, Xoel López regresa ao panorama musical en solitario con novas cancións e todos os éxitos da súa etapa en Deluxe. A multitudinaria banda galesa «Los Campesinos!» reemplazará a Xoel para manter viva a chama do indie rock. Despois de Vetusta Morla e para pechar a xornada do venres, o dúo canadiense «Junior Boys» formado por Jeremy Greenspan e Matt Didemus presentarán o seu último disco «It's All True». «Hola a todo el mundo» saudará ao público sobre as 19.30 horas do sábado para dar paso a «Russian Red». Tras crear todo un terremoto mediático co seu debut, Lourdes Hérnandez prepara a reválida con «Fuerteventura», un dos discos máis esperados do ámbito nacional.
O prato forte do sábado traeráo o creador de bandas sonoras como a de Amélie ou God Bye, Lenin!, Yan Tiersenn; quen, ademáis de encandilar coas súas composicións leva dous anos experimentando co pop, o rock e a música contemporánea. Completan o cartel da xornada de peche do Vigo Transforma «The Pains of being pure at heart», «The Gift», «Deus» e «Toro y Moi». O festival, organizado pola Xunta, Porto de Vigo, Esmerarte e Music2Day, celebra este año a súa segunda edición e está concebido como un espacio de participación, convivencia, interrelación de diversas disciplinas artísticas nun ámbito urbano. O prezo das entradas ronda os 25 euros a entrada para un día e os 65 euros no caso do abono para as tres xornadas.