Galicia

Galicia

Seis milenios de arte, vida e evolución

Compartir

A sede de NCG acollerá ata o próximo mes de xaneiro a exposición «Primeiras civilizacións. Exipto e Mesopotania»

Día 19/10/2011

O antigo Exipto, unha das épocas históricas que máis interese levanta entre o público, centrará a mostra que a Fundación NCG estrea nas salas da súa sede coruñesa daquí a finais de ano. Baixo o título «Exipto e Mesopotania no museo de Montserrat», esta exposición abre a porta a unha civilización que se erixiu como cuna do nacemento da agricultura, da gandeiría, da escritura e, ao fin, «do que son as bases das nosas sociedades actuais», segundo explican os organizadores do proxecto.

Unha parte das pezas expostas, 66 en concreto, correspóndese coa cultura exipcia mentras que outras 52 están relacionadas con Mesopotania. Sobre a súa orixe, os comisarios da mostra aclaran que a meirande parte dos obxectos foron adquiridos polo monxe de Montserrat, Bonaventura Ubach (1879 - 1960), no Cairo e en anticuarios de Bayrut, Damasco e Bagdad, entre outros, co gallo de ilustrar o mundo cultural da Biblia. A partires desta recompilación de pezas, o Museo de Montserrat foi dando forma á que hoxendía se considera unha das coleccións estatais más importantes sobre as primeiras civilizacións de Oriente Próximo.

Para coñecer en detalle o interese dos elementos expostos maila súa importancia no devir histórico, a Fundación propón ao público interesado un programa de visitas guiadas no que un guía actuará de mediador entre as milenarias pezas e os espectadores. As de asistencia libre levaránse a cabo os luns, mércores e venres ás 18.30 horas. Os grupos que desexen sumarse a estes itinerarios pola sala herculina deberán pedir cita no teléfono 981185060.

Unha ollada a estas pezas arqueolóxicas —entre as que destacan as máscaras funerarias de hai máis de seis mil anos— permitirá aproximarse a realidades sociais como as desigualdades xerárquicas da época, os privilexios dos faraóns e os reis, o crecemento do comercio ou o desenrolo da administración. Na Coruña ata o vindeiro 8 de xaneiro.

  • Compartir

publicidad
Consulta toda la programación de TV programacion de TV La Guía TV

Comentarios:

Sigue abcdesevilla en...

Lo ?ltimo...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.