Galicia

Galicia

Drexler presenta en Santiago o seu novo disco «Mundo Abisal»

Compartir

O célebre compositor e músico uruguaio recibiu onte o Premio Cineuropa 2011

Día 16/11/2011

O cantautor uruguaio Jorge Drexler acaparaba onte todos os flashes. Facíao, de mañá, durante un encontro cos medios de comunicación compostelanos e xa pola tarde no transcurso dunha gala celebrada no Auditorio de Galicia. Tras recoller o Premio Cineuropa, o músico sudamericano brillou con luz propia durante o concerto de presentación do seu novo álbume, «Mundo Abisal». Cunha impecable posta en escea, o repertorio fixo vibrar a unha sala repleta do seus máis ferventes admiradores. Unha estrutura innovadora, completamente diferente ao que acostuma, basada nun «show en solitario» do cantautor con diferentes guitarras.

Moitos teñen sido os motivos para outorgar a Drexler o Premio Cineuropa 2011, un feito que o propio artista quixo agradecer cun percorrido polas cancións relacionadas co cine nun espectáculo no que os efectos visuais, «unha alternancia entre luz e oscuridade», xogaron un rol moi importante. Tras recordar o vínculo entre Galicia e Uruguai por medio da emigración, Drexler considerou unha «belísima esaxeración» a súa relación co mundo do cinema a través dun premio cinematográfico.

Moitas cousas teñen cambiado dende a súa última visita á capital galega, cando corría o ano 1995, tal e como recordou nunha rolda de prensa previa á gala. Naquel entón, aterrizaba en Compostela como orgulloso teloneiro do cantautor madrileño Javier Álvarez. Polifacético, referiuse tamén á súa recente participación como actor, baixo as ordes do director arxentino Daniel Burman e xunto á actriz Valeria Betuccelli. «Encantoume a experiencia», aseguraba o cantante tras participar na rodaxe da comedia romántica «La suerte en tus manos» nas cidades arxentinas de Rosario e Buenos Aires.

De galardón en galardón

O premio Cineuropa ao músico uruguaio súmase ao Óscar que posee polo seu tema «Al otro lado del río» —para a película «Diarios de motocicleta»—, e ao Goya á mellor canción por «Lope». En canto ao seu novo álbume, tal e como asegurou, evoca «o mundo das profundidades mariñas». «É unha metáfora que me gusta moito e que se refire tamén ás persoas, a un mundo interior ao cal chegan poucos». Con Drexler, é a segunda vez que Cineuropa distingue o traballo dun músico, xa que con anterioridade, en 2006, o galardón recaeu no compositor inglés Stephen Warbeck por «Shakespeare in love», banda sonora pola que tamén obtivo un Óscar.

A semana pasada a actriz Aitana Sánchez-Gijón recibiu tamién o segundo dos premios desta vixésimo quinta edición do Festival Cineuropa, que premiou a súa traxectoria profesional.

  • Compartir

publicidad
Consulta toda la programación de TV programacion de TV La Guía TV

Comentarios:

Sigue abcdesevilla en...

Lo ?ltimo...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.